FERVENZA DO BELELLE - CAMPING PERBES

Vaya al Contenido

Menu Principal:

FERVENZA DO BELELLE

RUTAS

FERVENZA DO BELELLE
A fervenza do Belelle é unha das grandes fervenzas de Galiza, no curso do río Belelle. Áchase moi achegada ás Fragas do Eume, no concello coruñés de Neda, preto da parroquia do Roxal.
A auga precipítase nunha parede granítica dende 45 metros de altura, sendo unha das maiores de Galiza. Na base da fervenza existen pozas naturais.
A contorna da fervenza do Belelle é de gran beleza e alto valor ecolóxico e paisaxístico. Arrodéase de fragas e castañais.
Preto da fervenza áchase unha central hidroeléctrica, polo que parte do ría conta cunha canle de auga. A central foi construída a comezos do século XX para dotar de electricidade á achegada cidade de Ferrol. Como o salto natural só tiña 45 metros de altura construíuse unha cal até o Monte Marraxón, onde se acadaban os 125 metros de caída actual. A central aínda opera na actualidade.

 
 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal